Descripción
Un novo álbum de Rocio Bonilla!
Os álbums de Rocio Bonilla conquistaron máis de 300.000 lectores en todo o mundo e traducíronse a 17 idiomas.
Unha homenaxe aos avós e avoas e á agarimosa relación que establecemos con eles.
Un día, Nico e o seu avó Rodrigo conseguiron fuxir de mil pirañas. Outro, atravesaron o mar nun barco pirata. Xuntos, viviron mil aventuras e o avó, ademais, ensinoulle moitas cousas. Porque cos avós e as avoas, aprendemos, divertímonos, emocionámonos e transmitimos os afectos de xeración en xeración. Un álbum ilustrado irónico e entusiasta sobre a relación entre maiores e pequenos.