A granxa dos animais

Autor: Orwell, George

Editorial: Faktoría K de Libros

Colección: Narrativa K

Idioma: Galego

Formato: Rústica

10,00 

EAN: 9788416721528 Categoría:

Descripción

«Tan pronto se apagou a luz do dormitorio comezaron o barullo e o algareo en todos os edificios da granxa. Durante o día correra a voz de que o vello Comandante, o porco branco de raza middle white que gañara o concurso da feira, tivera un estraño soño a noite anterior e quería transmitírllelo aos outros animais; e acordaran reunirse todos no celeiro grande en canto estivesen seguros de que o señor Jones non fose entremeterse…» Unha noite, cando o granxeiro Jones vai durmir, todos os animais da Granxa Manor reúnense e, liderados por un porco sabio, o vello Comandante, deciden amotinarse e loitar contra os seus amos. A rebelión triunfa, os humanos son expulsados a couces, e os porcos Napoleón e Folerpa proclaman un novo sistema social baixo unha nova lei que declara que «todos os animais son iguais». Pero as ensinanzas do vello Comandante vense alteradas cando os seus sucesores asumen o control e converten o goberno nunha tiranía.