Antoloxía poética (Florencio Delgado Gurriarán)

Autor: Delgado Gurriarán, Florencio

Editorial: Editorial Galaxia, S.A.

Colección: Letras galegas clásicos

Idioma: Galego

Formato: Rústica

16,00 

Descripción

A Antoloxía poética de Florencio Delgado Gurriarán, que aquí presentamos, pretende ofrecer unha mostra do máis significativo da súa obra, ordenada cronoloxicamente a partir dos seus libros e dalgunhas composicións dispersas, desde os cánticos iniciais do seu universo valdeorrés ata a poesía comprometida, satírica e de loita, fiel co seu pensar, que realizou desde o exilio. Esta escolma está dirixida a quen se confesen curiosos da obra de Delgado Gurriarán, poeta de Valdeorras, percorrendo temáticas e correntes polas que transitou, coa pretensión de que sexa útil para o coñecemento do autor.