Artur e Clementina (galego)

Autor: Turin, Adela

Editorial: Kalandraka Editora

Colección: Tras os montes

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

16,00 

EAN: 9788484647850 Categorías: , , Etiqueta:

Descripción

Hai máis de trinta anos, Adela Turin comezou a publicar en Italia a colección «Dalla parte delle bambine», que ao pouco tempo foi editada en España por Esther Tusquets co título «A favor de las niñas». Converteuse nunha serie de referencia para a coeducación e a igualdade, e foi traducida a varias linguas. A pesar do tempo transcorrido, na actualidade estes libros teñen plena vixencia e seguen sendo necesarios. O afecto e a ilusión que caracterizan o inicio da relación entre Artur e Clementina, acaban converténdose en monotonía e prisión. Clementina non se sente realizada, libre e feliz; a súa parella subestima as súas cualidades e ridiculiza as súas aspiracións. En vez de ofrecerlle comprensión e respecto, a actitude de Artur anula a súa personalidade e xéralle unha dinámica de dependencia, ao sobrecargala de obxectos materiais que non satisfan a súa ansia de desenvolvemento persoal.