Diferentes diferenzas

Autor: Penide Álvarez, Silvia

Editorial: Editorial Bululú

Colección: Carantoña

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

14,00 

EAN: 9788418667169 Categoría: Etiquetas: ,

Descripción

A diferenza como elemento enriquecedor, divertido e dinamizador. Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes. Amósannos que empregan as súas características particulares para gozar dunha vida plena e chea de amigos e aventuras. Un elefante de tres patas, un moucho de catro ollos, unha tartaruga sen cuncha ou un libro sen cuberta… cantas cousas diferentes poden facer!
Incluímos dentro da nosa colección Carantoña, para prelectores e primeiros lectores, en letra maiúscula, este delicioso álbum infantil que é un canto á diversidade e mesmo á disfunción. En definitiva, o que nos define como individuos non é o número de pernas, ollos ou vitorias que acumulemos, senón como afrontamos o mundo e a nosa relación cos demais.