Distinta

Autor: Valencia Cevallos, Freddy Roberto

Editorial: Kalandraka Editora

Colección: demademora

Idioma: Galego

13,00 

EAN: 9788484644408 Categorías: , ,

Descripción

Lúa espertou. Non sabe por que…, pero ela séntese distinta. Cada día, mentres uns se queixan por ter que madrugar…, a ela encántalle erguerse cedo para escoitar os segredos que murmuran as nubes da mañá… A capacidade para escoitar as nubes, bambearse nas ondas do mar, aproveitar cada escintileo de luz e de cor que nos ofrece o día ou xogar coa lúa, é unha habilidade da que non todo o mundo pode gozar. Pero a protagonista deste libro é “Distinta”. Outros protestan por madrugar, enfádanse nos atascos, abúrrense coa rutina ou van durmir sen ter experimentado novas emocións.