Feliz Feroz. O lobiño riquiño

Autor: El Hematocrítico

Editorial: Edicións Xerais

Colección: INFANTIL E XUVENIL - SOPA DE LIBROS - De 6 anos en diante

Idioma: Galego

Formato: Rústica

10,95 

EAN: 9788491210146 Categorías: ,

Descripción

A irmá de Lobo Feroz está moi preocupada porque o seu fillo non é feroz: é boísimo. Feroz dille que o mande uns días para a súa casa, que xa se encarga el de convertelo nun lobo de verdade. Lobiño visita o seu tío e tenta facer o que lle pide: cazar coellos, asustar a Carapuchiña, comer os tres porquiños… Pero nunca o fai ben: comparte unha ensalada cos coellos, faise amigo de Carapuchiña e ponse a xogar cos tres porquiños. Este lobiño é un desastre.