Finximentos

Autor: Pérez Rei, Mariña

Editorial: Edicións Xerais

Colección: EDICIÓN LITERARIA - NARRATIVA

Idioma: Galego

Formato: Rústica

17,95 

EAN: 9788411104876 Categoría:

Descripción

Nené baila unha danza de resistencia ao redor de Heinrich, nunha escena de xadrez que os volve invisibles. Os dous sobreviven nun mundo en crise, nun teatro de máscaras onde nada é o que parece e a identidade se torna un xogo, un intercambio efémero entre bambolinas. Asalariados, estafadores ou grandes cínicos, os dous deambulan na procura dunha esquina limpa na costa galega para nadar ou para naufragar, para ocultar o seu amor entre dunas ou para sentirse vivos. Saben que a farsa empeza na propia gorxa. Que o silencio é un baixío que hai que evitar. Que o valor dunha conversa é infinito no perfil das apetencias. Aprecian tanto o que beben coma o tícket que amosa a súa consumición.