Grisela

Autor: de Vries, Anke

Editorial: Kalandraka Editora

Colección: demademora

Idioma: Galego

13,00 

EAN: 9788484642930 Categorías: , ,

Descripción

Un día, Grisela atopouse moi triste, tan triste coma o seu pelame gris. «Teño que facer algo», pensou. Colleu un bote de pintura vermella e dixo: –Se me pinto dunha cor alegre, seguro que me poño contenta… “Grisela” é unha fábula actual sobre a importancia de ser un mesmo, aceptándose cos defectos e coas virtudes propios de cada un. Cando se sinte mal a causa do seu aspecto, a ratiña protagonista proba a pintarse de varias cores pero nin de vermello, nin de verde, nin de amarelo, nin a raias, nin con flores consegue sentirse mellor. A causa do rexeitamento, que acentúa a súa tristura, son as burlas dos demais animais. Ata que un repentino contratempo lévaa a meterse na auga e daquela sucede que…