Guía micolóxica dos ecosistemas galegos

Autor: Castro Cerceda, Marisa;Justo Fernández, Alfredo;Lorenzo Castro, Purificación;Soliño Pérez, Ana

15,00 

EAN: 9788496526235 Categoría:

Descripción

Esta guía, que recolle as 556 especies máis habituais en Galicia, é especialmente importante para a Micoloxía Galega, porque conxuga nun mesmo traballo a experiencia herdada dos nosos maiores e mestres co zume novo das últimas xeracións de micólogos, formados profesionalmente nas nosas universidades. A distribución das especies ao longo da obra é diferente ao que se ve habitualmente. Faise por ecosistemas, de tal maneira que cando pasees por unha fraga ou por un bidueiral poidas dirixirte ás páxinas relativas a estes hábitats, o que che facilitará a identificación de visu. A guía, dirixida tanto a profesionais como a persoas afeccionadas á micoloxía, segue tamén dúas máximas, unha do saber popular, só se valora e se pode conservar aquilo que se coñece, e a outra do noso gran fabulador Álvaro Cunqueiro, …dicir rula e abidueira e dorna e fonte… fanme dono da rula e da abidueira e da dorna e da fonte…, para indicar que só existe e posuímos aquilo que ten un nome, aquilo que coñecemos.