Imos cazar un oso

Autor: Janosch

Editorial: Kalandraka Editora

Colección: Demademora

Idioma: Galego

16,00 

EAN: 9788484648031 Categorías: , ,

Descripción

Imos cazar un oso, un oso grande e fabuloso. Oh, que fantástico día! Ninguén lle ten medo ao oso! Oh-ooh! Herba! Herba alta e mesta. Por riba non podemos pasar. Por baixo non podemos pasar. Oh! Non! Terémola que atravesar! Un pai e os seus catro fillos inician unha aventura que os levará a ir atravesando un campo de herba, un río, un bosque… ata que finalmente chegan a unha cova na que aparece un oso que os fai fuxir desandando a toda présa o camiño de volta á casa. A partir dunha canción tradicional, Michael Rosen elabora un texto sinxelo cunha estrutura rimada e repetitiva que, no clímax do relato, invirte a orde de todas as accións. É un álbum ideal para primeiros lectores. Ao intercalar onomatopeas que describen os movementos da familia, resulta un conto moi dinámico. Ademais, recrea un ambiente sonoro propicio para ser contado e para involucrar o público infantil na narración.