Nina e Antón

Autor: Ventura Fernández, Antonio;Estrada Sierra, Alejandra

Editorial: Kalandraka Editora

Colección: demademora

Idioma: Galego

15,00 

EAN: 9788484643746 Categorías: , ,

Descripción

MENCIÓN DO IX PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELA DE ÁLBUM ILUSTRADO –Atende, Antón. Se non me escoitas, non che contarei máis contos. O animal observou a nena abraiado. «Estará enfadada? Non entendo por que me di iso.» “Nina e Antón” plasma un momento cotiá entre unha nena e o seu gato, que manteñen un tenro diálogo: as palabras dela entretécense cos pensamentos del, ata o punto de que parecen entenderse. A converxencia entre o relato sinxelo e descritivo de Antonio Ventura e as ilustracións minimalistas de Alejandra Estrada acada a súa plenitude coa identificación cromática entre a voz e a figura de cada protagonista.