O camiño das mazás

Autor: Estrella Ortiz

Editorial: OQO Editora

Colección: Colección O

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

14,90 

EAN: 9788498716153 Categorías: ,

Descripción

Entre as árbores pasa unha nena cunha cesta. Pedíronlle que recolla as mazás da maceira que está á beira do camiño, á beira da fonte. Unha nena camiña, soa, entre árbores escuras, pisadas que soan por detrás, asubíos do vento entre pólas que renxen… ata que unha veciña, cantando unha vella canción, e unha comitiva de plumas e patas fan que o camiño se ensanche e alegren o regreso. Un texto poético, enmarcado nunha atmosfera inquietante, no que a protagonista transita por diversos estados de ánimo para, ademais dun sorriso na cara, volver a casa cun pequeno tesouro. Estrella Ortiz, narradora oral desde hai máis de 30 anos, e fundadora do Maratón de Contos de Guadalaxara en 1992, moi coñecida polo seu personaxe da Bruxa Rotundifolia, rende aquí tributo absoluto aos seus dous principios creadores: “as palabras son música” e “un mundo mellor empeza cunha bonita historia”. Mar Azabal achega emoción ao texto dunha forma natural e directa, cunha ampla paleta de cores, entre acuarelas, lapis de cores e algún retoque dixital.