Os animais de Fraguas

Autor: Fraguas Fraguas, Antonio

Editorial: Museo do Pobo Galego

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

18,00 

EAN: 9788488508683 Categorías: ,

Descripción

A Fundación Antonio Fraguas Fraguas e o Museo do Pobo Galego coeditan o libro Os animais de Fraguas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que fixo posible acometer este proxecto

O libro recolle un texto até agora inédito de Antonio Fraguas que describe crenzas populares arredor de distintos animais, e para o que contamos coa colaboración de Miguelanxo Prado, un dos grandes da ilustración a nivel galego e mundial, gran coñecedor da cultura galega e quen achegou os fermosos debuxos que enriquecen o texto, creando un diálogo entre a súa linguaxe visual e a linguaxe textual de Antonio Fraguas.

Kiko da Silva, quen dende o principio mostrou a súa disposición a colaborar, encargouse da edición artística e mesmo foi quen deu nome a un proxecto que carecía de título.

Agardamos que Os animais de Fraguas sexa acollido con tanto agarimo como o que nós puxemos en editalo, e impulse o coñecemento de quen traballou sempre por e para Galicia, por amor á nosa Terra.