Os contos de terror do tío Montague

Autor: Priestley, Chris

Editorial: Sushi Books

Idioma: Galego

14,00 

EAN: 9788415920847 Categorías: ,

Descripción

O tío de Edgar vive nunha casa alén do bosque. Edgar está seguro de que os nenos da aldea o vixían dende detrás das árbores cando pasa, pero está decidido a agochar o seu medo.

Un día, o tío de Edgar fascínao cunha serie de contos arrepiantes, e hai probas de que todos eles aconteceron en verdade: unha boneca minúscula, un marco dourado, un vello anteollo… Como chegou o tío Montague a coñecer tantas historias de obxectos malditos?

Pero non hai tempo para respostas. Á volta, Edgar ten que atravesar o bosque antes de que escureza… ou están as respostas aí fóra?

Prepárate para que se che poñan os pelos de punta ao descubrir que o tío Montague é o tema do relato talvez máis sorprendente e arrepiante de todos.

Con ilustracións de David Roberts