Os días felices de Benvido Seixas

Autor: Velasco, Eduard

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Edición Literaria - Narrativa

Idioma: Galego

18,50 

EAN: 9788491215080 Categorías: , ,

Descripción

Bienvenido queda sen tabaco e acaba nun centro sociocultural contrario aos seus intereses de clase. Un home coma el nunca entraría nun sitio coma ese, pero tampouco acabaría pasando a noite con Mariña, a camareira activista que lle serviu a primeira copa de moitas. Desenfreados pola paixón, durante un ano viaxarán por Galicia (das Rías Baixas ao Courel), explorarán os límites dos corpos e as fronteiras das súas conviccións e xogarán coas identidades ata transformárense en persoas insospeitadas nas súas vidas anteriores, para incomprensión e hilaridade do seu círculo máis próximo. Pero quen non estaría disposto a traizoar a memoria familiar para seguir a chamada do desexo? » Os días felices de Benvido Seixas » é unha novela retranqueira, irónica, divertidísima, que enreda cos tópicos da cultura galega para facer un brinde a favor do humor.