Teño dereitos

Autor: Miguel Robledo

Editorial: Aira Editorial

Idioma: Galego

Formato: Rústica

13,00 

Descripción

Libro ilustrado para primeiros e primeiras lectoras. Promovido por Esculca. Observatorio para a Defensa dos Dereitos e Liberdades, busca ser un libro informativo sobre os principais dereitos humanos, contados dun xeito que faga nacer a curiosidade das crianzas a través dun universo colorido e simbólico moi moderno.

No mundo cométense moitas veces inxustizas e abusos sobre as persoas. Mais todo ser humano, polo simple feito de selo, sexa cal for a súa orixe, a súa familia, as súas capacidades e diferenzas, merece ser protexido. Temos dereitos e ninguén pode vulneralos ou ignorar que son o ingrediente fundamental da liberdade das persoas e das sociedades.