Un becho estraño

Autor: Daporta Padín, José Ramón

Editorial: Kalandraka Editora

Colección: Acartonados

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

11,00 

EAN: 9788484644347 Categorías: ,

Descripción

Mira que mira mirando, atopei un becho estraño, coa feitura dun ovo: gordo arriba, abaixo fraco. Tiña por riba dous pés, entre os pés un longo rabo… “Un becho estraño” é un libro de pequeno formato que segue a fórmula dos chamados contos sen fin. Un conto para contar, no que son fundamentais a rima e o ritmo, a partir dunha estrutura de oito sílabas, que se mantén ao longo de todo o relato. Malia a súa sinxeleza dende o punto de vista literario e artístico, este libro destaca polo “xogo” que dá cos nenos e nenas, que descubrirán con el a función lúdica da lectura. Porque pasando as páxinas ata o final e dándolle a volta ao conto…