Un gran día de pesca

Autor: Gastó, Jordi

Editorial: Kalandraka Editora

Colección: Acartonados

11,00 

EAN: 9788413431932 Categorías: , ,

Descripción

Roque ten a insólita idea de ir de pesca. E é unha idea estrañísima porque nin sequera ten cana. Así que para cumprir o seu desexo botará man de amigos e coñecidos que se sumarán á expedición. Páxina a páxina e rima a rima, irán acumulando todos os trastes necesarios para organizar, máis que “Un gran día de pesca”, unha divertida festa. Jordi Gastó e Christian Inaraja regresan con outro libro de cartón para primeiros lectores. As rimas musicais de Jordi compleméntanse á perfección coas simpáticas ilustracións de Christian, quen, con trazos sinxelos e un colorido alegre, constrúe un ambiente ideal para acompañar a expresividade dun relato ocorrente e disparatado.