Unha casa á medida

Autor: Kulot, Daniela

Editorial: Kalandraka Editora

Idioma: Galego

Formato: Cartoné

16,00 

EAN: 9788484644682 Categoría:

Descripción

«Esta é Xirafa. Xirafa é moi alta. Este é Crocodilo. Crocodilo é moi baixiño. Entre eles hai moita diferenza: máis de dous metros. Pero, a pesar disto, son parella: unha parella de namorados…» Os protagonistas deste relato son unha atípica parella de namorados que vencen -a base de enxeño e dun chisco de humor- as dificultades que xorden para conviviren xuntos. Porque as trabas que poden supoñer uns cantos centímetros de diferenza de estatura entre ámbolos dous son amplamente superables coa forza do cariño. Unha das primeiras probas que teñen que superar é atopar unha casa para os dous, cómoda para as súas respectivas necesidades. A solución, deseñala a medida…