Unha gran sorpresa

Autor: Kulot, Daniela

Editorial: Kalandraka Editora

Colección: Obras de autor/a

Idioma: Galego

16,00 

EAN: 9788413431970 Categorías: ,

Descripción

Daniela Kulot regresa ás librarías co quinto título da serie “Xirafa e Crocodilo”, unha colección que contribuíu a transmitir aos nenos e nenas de maneira orixinal e divertida a importancia do amor, a tolerancia e o respecto á diversidade. Nesta ocasión, son os máis pequenos da casa, Croquila e Rafolo, quen guían a familia a través do río, a montaña ou a cidade seguindo un singular e longuísimo fío vermello. Despois de saudar os diferentes veciños que van atopando polo camiño, esta simpática aventura terminará cunha gran sorpresa. Que conterá esa caixa? Unha historia chea de tenrura que pon o acento nos agasallos non materiais, a amizade e a familia.