Xa non estou aquí

Autor: Misa, Iria

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Infantil E Xuvenil - Fóra De Xogo

Idioma: Galego

12,95 

EAN: 9788491211037 Categorías: ,

Descripción

Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras. Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella. Xa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte… Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.