Xela quixo ser ela. Biografía de Xela Arias

Autor: Castaño, Yolanda

Editorial: Edicións Xerais

Colección: INFANTIL E XUVENIL - MERLÍN - De 11 anos en diante

Idioma: Galego

Formato: Rústica

12,95 

EAN: 9788491219026 Categorías: ,

Descripción

A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man. A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.
Xela Arias foi precursora e un auténtico referente para xeracións de autoras galegas. Unha muller que deixou a súa pegada na renovación de tres campos: a poesía, a tradución e a edición de libros na nosa lingua; dende a independencia, a sensibilidade e a perspectiva de xénero.